Actualmente estase a elabora-la Positio, traballo que teremos que presentar na Congregación dos Santos, no Vaticano, para o seu exame por parte dos Pais da Congregación. Nela recóllense diversos aspectos da vida da Serva de Deus: dende a sua biografía, a importancia da sua testemuña cristiá, a sua vida espiritual, fama de santidade, exercicio das virtudes, etc.

Estamos na fase final da sua redacción e agardamos poder presenta-la axiña. Entre tanto seguen a chegar ecos das grazas obtidas pola sua intercesión (pódense enviar a correo electronico). Unha vez examinada a Positio, se o resultado do seu estudo fose positivo e se demostrara o exercicio heroico das virtudes por parte da Serva de Deus, Luminosa sería declarada Venerable. Se a esto se lle engadira un milagre recoñecido á sua intercesión chegaríase a sua Beatificación.

Artículos