Referimos algunhas das grazas que fomos recibindo…

Kenia 2“Son sacerdote colombiano na misión, en Kenya. Recibín un favor do Señor por intercesión de Luminosa e quero darlles a testemuña. A miña familia escribiume dicindo que a miña curmá A., de 12 anos, tiña un cancro e que para busca-la sua saude tiñan que cortarlle a perna. O tumor, segundo os exames, comprometía o xeonllo, e o consello dos médicos era amputar. Púxenme a pedirlle a Luminosa, sabía que o seu proceso de beatificación comezaba e ademáis  xa a coñecía de anos atrás. Pedinlle e pedinlle. E Deus escoitounos. Cando os médicos operaron a A. atoparon que a situación era distinta a que aparece nas radiografías e exames. Para eles e especialmente para nos trátase dun milagre. A. ainda está en tratamento, pero os médicos din que o seu organismo está respondendo moi ben e que axiña todo perigro quedará atrás.”