Xuño 2024

 
«O Reino de Deus é como un home que bota o gran na terra; durma ou se levante, de noite ou de día, o gran brota e medra» (Mc 4, 26-27).

O núcleo da mensaxe de Jesús é o Reino de Deus, do cal o Evanxeo de Marcos quere dar
a boa noticia. Aquí é anunciado mediante unha parábola, coa imaxe do gran que, unha vez
botado na terra, des- prende a súa forza vital e dá froito.
Pero que é o Reino de Deus para nós hoxe?, que ten en común coa nosa historia persoal
e colectiva, constantemente suspendida entre expectativas e desilusións? Se este xa está
sementado, por que non vemos os seus froitos de paz, de seguridade e de felicidade?

«O Reino de Deus é como un home que bota o gran na terra; durma ou se levante, de noite
ou de día, o gran brota e medra».

Esta Palabra comunícanos a confianza total de Xesús no designio que Deus ten sobre a
humanidade:
«[…] Por Xesús, que veu á terra, pola súa vitoria, este Reino xa está presente no mundo,
e o seu cum- primento, que porá fin á historia, xa está asegurado. A Igrexa é a comunidade
dos que cren neste Reino, e é o seu comezo»1.
A todos os que a acollen confíalles a tarefa de preparar o terreo para recibir o don de
Deus e salvagar- dar a esperanza no seu amor.
«[…] De feito non hai esforzo humano, intento ascético, estudo ou investigación
intelectual que che poida axudar a entrar no Reino de Deus. É o mesmo Deus quen vén ao teu
encontro, quen se revela coa súa luz ou te toca coa súa graza. E non hai ningún mérito do que
te poidas vangloriar ou no que poidas apoiarte para ter dereito a semellante don de Deus. O
Reino ofréceseche gratuitamente»2.

«O Reino de Deus é como un home que bota o gran na terra; durma ou se levante, de noite
ou de día, o gran brota e medra».

Botar o gran: non quedalo para un mesmo, senón sementalo con abundancia e confianza.
«De noite ou de día»: o Reino medra silenciosamente, mesmo na escuridade das nosas noites.
Tamén podemos pedir cada día: «Veña o teu Reino».
O gran non require un traballo continuo de supervisión por parte do labrador, senón máis
ben a capaci- dade de esperar con paciencia a que a natureza siga o seu curso.
Esta Palabra de vida ábrenos a confiar na forza do amor, que dá froito ao seu tempo.
Ensínanos a arte de acompañar con paciencia o que pode crecer por si só, sen ansia polos
resultados; fainos libres para acoller ao outro no momento presente, valorando o seu potencial
e á vez respectando os seus tempos.
«[…] Un mes antes da voda, o noso fillo chámanos alarmado para dicirnos que a súa moza
volveu drogarse. Pide consello sobre que facer. Non é fácil responder. Poderiamos aproveitar
a oportunidade para convencelo de que a deixe, pero non nos parece o camiño axeitado. Así
que suxerímoslle que mire ben no seu corazón […]. Segue un longo silencio, e logo: “Creo que
podo amar un pouco máis”. Despois da voda conseguen atopar un excelente centro de
recuperación con apoio ambulatorio. Pasan catorce longos meses, durante os cales ela
consegue manter a súa promesa de «non máis drogas».
É un longo camiño para todos, pero o amor evanxélico que tentamos ter entre os dous –
aínda entre bágoas– dános a forza de amar ao noso fillo nesta delicada situación. Un amor
que quizá tamén o axude a entender como amar á súa muller»3.

 

 

Letizia Magri e o equipo da Palabra de Vida


[1] Cf. C. Lubich, Palabra de vida, agosto de 1983: Ead., Palabras de Vida/1 (1943-1990), Madrid 2020, p. 281.

[2] C. Lubich, Palabra de vida de outubro de 1979: ibid.., p. 155.

[3] S. Pellegrini, G. Salerno, M. Caporale, Una transformación silenciosa. Testimonios de familias de todo el mundo
sobre “Amoris laetitia”, Madrid 2022, p. 88.

Regulación(500)