Xesús vai cara a Xerusalén cos seus discípulos. Ao anunciarlles que alí terá que sufrir,
morrer e resucitar, Pedro rebélase, erixíndose en portavoz do desalento e a incomprensión
xeral. Entón o Mestre lévao consigo, xunto con Santiago e Juan, sobe a «un monte alto», e alí
aparécese aos tres cunha luz nova e extraordinaria: o seu rostro «púxose brillante coma o sol»
e con el conversan Moisés e o profeta Elías. O Pai mesmo fai oír a súa voz desde unha nube
luminosa e convídaos a escoitar a Jesús, o seu Fillo amado. Ante esta sorprendente
experiencia, Pedro non quixera irse de alí, e exclama:
«Señor, que bo é que esteamos aquí!».
Xesús convidou aos seus amigos máis íntimos a vivir unha experiencia inesquecible, a fin
de que a garden sempre dentro deles.
Tal vez tamén nós experimentásemos con estupor e emoción a presenza e a acción de
Dios na nosa vida en momentos de alegría, paz e luz que desexariamos que non tivesen fin.
Son momentos que en moitos casos vivimos con outros ou grazas a outros, pois o amor
recíproco atrae a presenza de Deus, xa que, como prometeu Xesús, «onde están dous ou tres
reunidos no meu nome, alí estou eu no medio deles» (Mt 18, 20). A veces, nestes momentos
de intimidade, El fainos vernos a nós mesmos e ler os acontecementos a través da súa mirada.
Estas experiencias dánsenos para ter a forza de afrontar as dificultades, probas e
penalidades que atopamos polo camiño, tendo no corazón a certeza de que Deus míranos,
que nos chamou a formar parte da historia da salvación.
De feito, unha vez que descenderon do monte, os discípulos irán xuntos a Xerusalén,
onde os espera un xentío cheo de esperanza pero tamén perigos, enfrontamentos,
rexeitamento e sufrimentos. Alí «serán dispersados e enviados aos confíns da terra para ser
testemuñas da nosa morada definitiva, o Reino» [1].
Poderán comezar a construír xa nesta terra a casa de Deus entre os homes, porque no
monte estiveron con Xesús «na casa».
«Señor, que bo é que esteamos aquí!».
«Levantádevos, non teñades medo» (Mt 17, 7) é a invitación de Xesús ao remate desta
extra-ordinaria experiencia, que tamén nos dirixe a nós. Como discípulos e amigos o seus,
podemos afrontar con valentía o que nos espera.
Así lle sucedeu a Chiara Lubich. Tampouco ela querería volver á vida de todolos días
despois dun período de vacacións tan cheo de luz que foi denominado «o paraíso de 1949»
pola percepción da presenza de Deus na pequena comunidade coa que estaba a transcorrer
un tempo de descanso e por unha extraordinaria contemplación dos misterios da fe. Volveu,
e cun novo empuxe, porque entendeu que xustamente por aquela experiencia de iluminación
debía «descender do monte» e poñerse a traballar como instrumento de Xesús na realización
do seu Reino, inxectando o seu amor e a súa luz precisamente onde faltaban, e afrontando
ademáis penalidades e sufrimentos.
«Señor, que bo é que esteamos aquí!».
En cambio, cando botemos a faltar a luz, volvamos co corazón e coa mente aos momentos
en que o Señor iluminounos. E se non experimentamos a súa proximidade, busquémola. Será
necesario facer o esforzo de «subir ao monte» para ir ao seu encontro nos próximos, adoralo
nas nosas igrexas e tamén para contemplalo na beleza da natureza.
Porque, para nós, El sempre está: abonda con que camiñemos con El e que, facendo
silencio, poñámonos humildemente á escoita, como Pedro, Juan e Santiago (cf. Mt 17, 6).
Silvano Malini e o equipo da Palabra de Vida
[1] T. Radcliffe, op, Segunda meditación aos participantes na Asamblea General do Sínodo dos Bispos, Sacrofano 1-
10-2023.