Margarita Bavosi – Luminosa

(19/9/1941 – 7/3/1985)

1980_Luminosa

“Sempre foi: leda, efusiva e afectuosa”. Así a recorda o seu irmán Osvaldo. A sua mirada era profunda e límpida, a sua risa leda, contaxiosa, trasmitía o seu entusiasmo. Era libre e o segredo desta liberdade atopámolo no amor exclusivo a Deus que transformou a sua vida nun torrente de luz.

Margarida nace en Bos Aires o 19 de setembro de 1941, e medra feliz nunha familia de emigrantes italianos xunto a dous irmáns máis. A sua infancia e adolescencia transcorren con absoluta normalidade: estuda Primaria e Secundaria na Escola de Comercio. Esta etapa só ten un momento duro para ela: a perda da sua nai cando só tiña dez anos, circunstancia ca fai dirixirxe á Virxen coma a súsa única Nai. Ese intre, que recordará como o seu “primeiro encontró ca dor” fará madurar nela unha grande sede de Deus, presente xa antes. A un sacerdote que a exhorta a ser unha “boa rapaza”, respóndellle: “Hai demasiadas, a min no me chega: ¡eu quero facerme santa!”

Inscríbese na Facultade de Historia da Universidade do Salvador, da Compañía de Xesús, e nese período, no 1961, coñece o Movemento dos Focolares, recén chegado a terras arxentinas. Este encontro significa para ela atopar o seu camiño, a resposta a unha vocación que non atopaba como concrtizarse: “Dábame conta de que Deus non podía ocupar só un rincón da miña vida – conta anos despoís- que tiña que se-lo centro. Ainda que non sabía o como…”

Apenas remata a licenciatura deixa todo para entrar no focolar. E vaise para Italia, para o período de formación das focolarinas que transcorre en Grottaferrata (Roma). Alí estará dende setembro do 1963 a xuño do 1964. É entón cando Chiara Lubich coñecea e a chama Luminosa polo seu carácter espontaneo e optimista, e sobre todo pola sús mirada profunda e chea de luz.

No 1965 volta a Arxentina, onde xa a sua familia a compoñen soamente os seus irmáns porque o pai merrera de repente pouco antes da súa chegada. Estará un tempo en Bos Aires e será ela quen acompañe a un novo grupo de xoves, chamadas ó focolar, a Italia para a escola de formación. Cando volta, trasládase a Paraná , de novo Bos Aires e por último, vai ó focolar de Montevideo.

No 1971, cando ainda non cumpira 30 anos, cruza de novo o óceáno para desempeñar unha función que non se imaxinaba: ser a responsable do Movemento en Espña. Aquí vivirá ata finales 1983, cando se traslada a Rocca di Papa, Roma, onde morrerá o 7 de marzo do 1985.

No 1981 Chiara invita ós membros do Movemento a renova-lo compromiso de facerse santos xuntos, a facer da propia vida unha Santa Viaxe, coma indica o Salmo 84 Lumiosa fai profundamente seu este compromiso. E a sua vida da un xiro radical, coma o testemuñan as persoas que vivían con ela naquel intre. Xa era radical, pero dende entón foino máis ainda e este xeito de vivir “contaxiabao”, por así dicir, a cantos con ela compartían este compromiso de facerse santos.

Axiña, a esto sumáselle un inexplicable deterioro físico. So despois de tres anos cando xa a enfermidade está moi avanzada, chega o diagnóstico preciso. Pero o que non cambia nunca é o seu sorriso.

LuminosaXa non logra moverse pero segue “traballando”, construindo relacións e aceptando e ofrecendo o sofrimento sen preocuparse, vivindo o presente. Chiara Lubich dille: “Segue xogando” (seguindo o exemplo de S. Luis Gonzaga) e ela apunta no seu diario: “Estou na ledicia e na paz”. E xoga con… a morte, ou mellor coa vida que renace plenamente despois de tantas pequenas mortes vividas e superadas pola unidade cos demáis, na constante doazón de si mesma.

Cando, na noita do 6 de marzo de 1985, a situación precipítase, susurra unha mensaxe para Chiara que lle pide que saude a Virxen da sua parte: “Sí, sí, sí…” repite trinta veces. E finalmente, dirixindose ós presentes, ante a sorpresa xeral, porque o monitor é plano e semella que se producira a defunción, dice: “Heme eiquí Xesús, sempre tratei, en todo momento, de facer todo diante de Ti… pero agora deixade de rezar por min… ide adiante vos”. A súa cara estaba radiante, fermosísima. Traducía con claridade a intensidade sinxela e radical coa que Luminosa soubo vivir durante os seus 44 anos.

Trala súa morte, moitísimas persoas en todo o mundo reciben dela non só a intercesión, senón tamén o empuxe decisivo no compromiso de vivi-lo cristianismo con radicaledade. Signo de recoñecemento do excepcional da sua pegada espiritual é o feito tamén de que o seu nome se lle dera a persoas, Centros do Movemento ou a algunhas obras sociais.

Despois da apertura do proceso de canonización, o 7 de marzo do 2005 o seu corpo foi trasladado dende Rocca di Papa á capela do Centro Mariápolis Luminosa das Matas (Madrid). O 22 de novembro de 2008, péchase a fase diocesana do proceso de canonización de Luminosa, e comeza a fase romana.