Decembro 2023

 
«Estade sempre alegres. Orade constantemente. En todo dade grazas, pois isto é o que Deus, en Cristo Xesús, quere de vós» (1 Ts 5, 16-18).

Pablo escribe aos tesalonicenses cando aínda vivían moitos dos contemporáneos de Xesús que o viran e oiran, testemuñas da traxedia da súa morte e do estupor da súa resurrección e logo da súa ascensión. Recoñecían a pegada que deixara Xesús e agardaban o seu inminente retorno. Pablo amaba á comunidade de Tesalónica, exemplar pola súa vida, o seu testemuño e os seus froitos, e escríbelles esta carta e suplícalles que se lea a todos (5, 27). Para seguir sendo «imitadores nosos e do Señor» (1, 6), anota nela unhas recomendacions que resume así:

«Estade sempre alegres. Orade constantemente. En todo dade grazas, pois isto é o que Deus, en Cristo Xesús, quere de vós».

O fío condutor destas apremiantes exhortaciones non se refire só a que espera Deus de nós, senón ao cando: sen interrupción, sempre, constantemente.

Pero pódese mandar que esteamosalegres? Que a vida nos sorprenda con problemas e preocupacións, con sufrimentos e angurias, que a situación social amósese árida e inhóspita é algo que todos experimentamos. E con todo, para Pablo hai unha razón que pode facer sempre posible «esa alegría» á que alude. El fala aos cristiáns e recoméndalles que se tomen a vida cristiá en serio para que Xesús poida vivir neles coa plenitude que prometeu despóis da súa resurrección. Ás veces podemos experimentalo: El vive na persoa que ama, e calquera pode adentrarse no camiño do amor con desapego de si mesmo, cun amor gratuíto aos demáis, aceptando o apoio dos seus amigos, mantendo viva a confianza de que «o amor o vence todo» [1].

«Estade sempre alegres. Orade constantemente. En todo dade grazas, pois isto é o que Deus, en Cristo Xesús, quere de vós».

Dialogar entre fieis de distintas relixións e entre persoas de conviccións diversas leva a entender aínda con máis fondura que rezar é unha acción profundamente humana; a oración constrúe á persoa, elévaa.

E como pregar ininterrompidamente? O teólogo ortodoxo Evdokimov di que «non basta con facer oración, ter regras, costumes; fai falla converterse en oración, ser oración encarnada, facer da nosa vida unha liturxia, rezar coas cousas do día a día» [2]. E Chiara Lubich subliña que «podemos amar [a Deus] como fillos, co corazón cheo polo Espírito Santo de amor e de confianza no noso Pai; unha confianza que nos leva a falar a miudo con El, a contarlle todas as nosas cousas, os nosos propósitos, os nosos proxectos» [3].

E hai tamén un modo de pregar sempre que é accesible a todos: pararse antes de cada acción e centrar ben a intención cun «Por ti». É unha práctica sinxela que transforma desde dentro as nosas actividades e a nosa vida enteira nunha oración constante.

«Estade sempre alegres. Orade constantemente. En todo dade grazas, pois isto é o que Deus, en Cristo Xesús, quere de vós».

Ante calquera cousa, dade grazas. É a actitude que brota libre e sinceira do amor agradecido por Aquel que, silenciosamente, sostén e acompaña aos individuos, aos pobos, a historia e o cosmos. Con gratitude aos demáis que camiñan connosco, que nos fai conscientes de que non somos autosuficientes.

Alegrarnos, pregar e dar grazas: tres acciones que nos achegan a ser como Deus nos ve e nos quere e enriquecen a nosa relación con El. Coa confianza de que «o Deus da paz vos santifique plenamente (1 Ts 5, 23).

Así nos prepararemos a vivir máis profundamente a alegría do Nadal para facer un mundo mellor, para converternos en tecedores de paz dentro de nós, na casa, nos lugares de traballo, no medio das prazas. Hoxe non hai nada máis necesario e urxente

 

Victoria Gómez e o equipo da Palabra de Vida


[1] Publio Virgilio Marón, Églogas, x, 69. Podese ver unha versión musical do grupo Gen Rosso en: youtu.be/1OzGqA7ZQN0
[2] P. Evdokimov, «La preghiera di Gesù», en La novità dello Spirito, Ancora, Milán 1997
[3] C. Lubich, «Construirnos en oración», en Construir el castillo exterior, Ciudad Nueva, Madrid 2004, p. 47

Regulación(500)