Marzo 2024

 
«Crea en min, oh Deus, un corazón puro, renova no meu interior un espírito firme» (Sal 51, 12).

A frase da Escritura que se nos propón neste tempo cuaresmal forma parte do salmo 51, onde atopamos, no versículo 12, unha invocación ardente e humilde: «Crea en min, oh Deus, un corazón puro, renova no meu interior un espírito firme». O texto que a contén é coñecido como o Miserere. Nel, a mirada do autor empeza explorando os agochos da alma humana para captar as súas fibras máis profundas, as da nosa profunda ineptitude fronte a Deus E, á vez, o insaciable anhelo de plena comuñón con Aquel de quen procede toda graza e misericordia.

«Crea en min, oh Deus, un corazón puro, renova no meu interior un espírito firme».

O salmo inspírase nun episodio moi coñecido da vida de David. Este, chamado por Deus a coidar do pobo de Israel e a guialo polos camiños da obediencia á Alianza, transgrede a súa misión: despóis de cometer adulterio con Betsabé manda matar en batalla ao marido daquela, Urías o hitita, oficial do seu exército. O profeta Natán desvélalle a gravedade da súa culpa e axúdao a recoñecela. É o momento de confesar o seu pecado e reconciliarse con Deus.

«Crea en min, oh Deus, un corazón puro, renova no meu interior un espírito firme».

O salmista pon en boca do rei invocacións moi fortes pero que brotan do seu arrepentimento profundo e da total confianza no perdón de Deus: «borra», «lávame», «purifícame». No versículo que nos interesa, usa en particular o verbo «crea» para indicar que a completa liberación das debilidades do home unicamente é posible para Deus. É a consciencia de que só El pode facernos criaturas novas de «corazón puro», enchernos de novo do seu espírito vivificante, darnos a verdadeira alegría e transformar radicalmente a nosa relación con Deus (o «espírito firme») e cos demáis seres vivos, coa natureza e co cosmos.

«Crea en min, oh Deus, un corazón puro, renova no meu interior un espírito firme».

Como poñer en práctica esta palabra de vida? O primeiro paso será recoñecernos pecadores e necesitados do perdón de Deus, cunha actitude de ilimitada confianza nel. Pode ocorrer que os nosos erros recorrentes nos desalenten, encérrennos en nós mesmos. Entón é necesario deixar entreaberta, polo menos un pouco, a porta do noso corazón. Escribía Chiara Lubich a comezo dos anos 40 a unha persoa que se sentía incapaz de superar as súas miserias: «Fai falta quitarse da alma calquera outro pensamento. E crer que Xesús vese atraído a nós só pola exposición humilde, confiada e amorosa dos nosos pecados. Nós, por nós mesmos, non temos nin facemos outra cousa que miserias. El, en por sí e con respecto a nós, non ten máis que unha cualidade: a Misericordia. A nosa alma só pódese unir a El ofrecéndolle como agasallo, como único agasallo, non as nosas virtudes senón os nosos pecados! […] Se Xesús veu á terra, se se fixo home, se algo ansía […] é só facer de Salvador, facer de Médico! Nada máis desexa»1.

«Crea en min, oh Deus, un corazón puro, renova no meu interior un espírito firme».

Logo, unha vez liberados e perdoados, e contando coa axuda dos irmáns –porque a forza do cristián vén da comunidade–, poñámonos a amar concretamente ao próximo, quenquera que sexa. «O que se nos pide é ese amor mutuo a base de servizo, de comprensión e participación nas dores, as ansias e alegrías dos nosos irmáns; ese amor que todo o cobre, que todo o perdoa, propio do cristián»2.

E o papa Francisco di: «O perdón de Deus […] é o signo máis grande da súa misericordia. Un don que cada pecador perdoado está chamado a compartir con cada irmán ou irmá con quen se atopa. Todos aqueles que o Señor nos puxo á beira –os familiares, os amigos, os compañeiros, os fregueses…–, todos, como nós, necesitan a misericordia de Deus. É bonito recibir o perdón, pero tamén ti, se queres ser perdoado, debes tamén ti perdoar. Perdoa! […] para ser testemuñas do seu perdón, que purifica o corazón e transforma a vida»3.

Augusto Parody e o equipo da Palabra de Vida

Regulación(500)