Maio 2024

 
«Quen non ama non coñeceu a Deus, porque Deus é Amor» (1 Jn 4, 8).

 

A Primeira Carta de Xoan vai dirixida aos cristiáns dunha comunidade de Asia Menor para alentala a restablecer a comuñón entre eles, pois están divididos por doutrinas varias. O autor exhórtaos a ter presente o que foi proclamado «desde o principio» da predícación cristiá e repite o que os primeiros discípulos viron, oíron e palparon na convívencia co Señor, a fin de que tamén esta comunidade poida estar en comuñón con eles e, por tanto, con Xesús e co Pai (cf. 1 Jn 1, 1-3).

«Quen non ama non coñeceu a Deus, porque Deus é Amor».

Para lembrar a esencia da revelación recibida, o autor subliña que, en Xesús, Deus amounos tomando a iniciativa, adoptando ata o fondo a existencia humana con todas as súas limitacións e debilidades.

Na cruz, Xesús compartiu e sentiu na súa carne a nosa separación do Pai. Dándose completamente, restableceuna cun amor sen límites nin condicións. Demostrounos o que é o amor que nos ensinaba con palabras e coa súa vida.

Polo exemplo de Xesús entendemos que amar de verdade conleva valentía, esforzo e expoñerse a pasar pola adversidade e o sufrimento. Pero quen ama así participa na vida de Deus e experimenta a súa liberdade e a alegría de quen se entrega.

Amando como Xesús nos amou, liberámonos do egoísmo que pecha as portas á comuñon cos irmáns e con Deus, e podemos experimentala.

«Quen non ama non coñeceu a Deus, porque Deus é Amor».

Coñecer a Deus, Aquel que nos creou, que nos coñece e coñece a verdade máis profunda de todas as cousas, é desde sempre un anhelo, ás veces inconsciente, do corazón humano.

Se El é amor, amando como El podemos albiscar algo desta verdade. Podemos crecer no coñecemento de Deus porque vivimos esencialmente a súa vida e camiñamos na súa luz. E isto cúmprese plenamente cando o amor é recíproco, xa que, se nos amamos mutuamente, «Deus permanece en nós» (cf. 1 Jn 4, 12). Sucede máis ou menos como cando os dous polos eléctricos tócanse e a luz acéndese e ilumina todo ao redor.

«Quen non ama non coñeceu a Deus, porque Deus é Amor».

Testemuñar que Deus é amor –afirma Chiara Lubich– é a «gran revolución que fomos chamados a ofrecer hoxe ao mundo moderno, en extrema tensión […], tal como a mostraban os primeiros cristiáns ao mundo pagán de entón» [1].

Como facelo? Como vivir este amor que vén de Deus? Aprendendo do seu Fillo para poñelo en práctica, en particular en «[…] o servizo aos irmáns, especialmente a quen teño á beira, empezando polas cousas pequenas, polos servizos máis humildes. A imitación de Xesús, esforzarémonos en ser os primeiros en amalos, con desapego de nós mesmos e abrazando todas as cruces, pequenas ou grandes, que todo isto poida supoñer. Dese modo non tardaremos en chegar tamén nós a ter esa experiencia de Deus, esa comuñón con El, esa plenitude de luz, paz e alegría interior á que Jesús quere levarnos» [2].

«Quen non ama non coñeceu a Deus, porque Deus é Amor».

Santa visita a miúdo unha residencia de anciáns, unha contorna católica. «Un día, Roberta e ela coñecen a Aldo, un home alto, moi culto, rico. Aldo mira ás dúas mozas cunha mirada sombría: “Por que vides aquí? Que queredes de nós? Deixádenos morrer en paz!». Santa non se desanima e dille: “Estamos aquí para vostede, para pasar un intre xuntos, coñecernos, facernos amigos”. […] Volven máis veces. Conta Roberta: “Aquel home estaba especialmente pechado, moi abatido. Non cría en Deus. Santa foi a única que conseguiu entrar no seu corazón, con moita delicadeza, escoitándoo durante horas”». Rezaba por el, e unha vez regaloulle un rosario, que el aceptou. «Máis tarde Santa enterouse de que Aldo morrera nomeándoa. A dor pola súa morte é máis leve ao saber que morreu serenamente, tendo entre nas mans o rosario que un día ela lle regalara» [3].

 

Silvano Malini e o equipo da Palabra de Vida


[1] Cf. C. Lubich, Pensamiento espiritual «Aquí me tienes, ante cualquier hermano», 19-1-1984: La vida, un viaje, Madrid 1994, pp. 147-148

[2] C. Lubich, Palabra de vida de mayo de 199: Ciudad Nueva n. 266 (5/1991), p. 28.

[3] P. Lubrano, Un volo sempre più alto. La vita di Santa Scorsese, Città Nuova, Roma 2003, pp. 83-84, 107

Regulación(500)